ADEGA recoñece á Asociación de Veciños de As Conchas co Premio Osíxeno Colectivo
A Asociación de Veciños de As Conchas recibiu o Premio Osíxeno Colectivo de ADEGA, no marco do seu cincuentenario, en recoñecemento a décadas de loita en defensa do río Limia e do embalse das Conchas fronte á contaminación e o abandono institucional.
O premio foi entregado nun acto na Coruña, onde a asociación expresou o seu agradecemento e destacou o esforzo colectivo de persoas e entidades como Amigas da Terra, CECU, Clean Earths, a Sociedade Galega de Historia Natural e Auga Limpa Xa, así como científicos e veciños.
A asociación reafirmou o seu compromiso coa defensa do medio natural e a memoria do río Limia, e parabenizou a Noemí Vázquez Nogueiras (Premio Osíxeno Individual) e Marcial Barral Vasques (Premio Osíxeno de Honra).
Fonte: www.dendealimia.com
