A 1ª edición da BTT Resistencia promovida pola Diputación percorrerá Xinzo

Dende A Limia

BTT Resistencia Deputación: Unha proba ciclista por Ourense

A Deputación de Ourense impulsa a primeira edición da BTT Resistencia Deputación, unha carreira ciclista que percorrerá cinco concellos da provincia. A iniciativa pretende fomentar o deporte e, ao mesmo tempo, promocionar os atractivos turísticos de Ourense.

O deputado de Cultura e Deporte, César Fernández, presentou o evento no patio do Pazo Provincial. Na presentación participaron representantes do Clube Ciclista Resistencia Ourense, encargados da organización da proba. A carreira constará dun circuíto de entre cinco e sete quilómetros, cunha duración de tres horas.

Tamén asistiron alcaldes e representantes municipais das localidades que acollerán a competición.

A BTT Resistencia Deputación terá lugar entre o 11 de maio e o 29 de xuño, cun calendario que inclúe as seguintes etapas:

  • 11 de maio: A Merca
  • 25 de maio: Xinzo de Limia
  • 8 de xuño: Ramirás
  • 22 de xuño: Quintela de Leirado
  • 29 de xuño: Arnoia

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA