O CEIP Carlos Casares celebra o seu aniversario

O CEIP Carlos Casares, fundado o 12 de xaneiro de 1975, celebra o seu aniversario cunha serie de actos institucionais, musicais e unha merenda.

O director, José Carlos, convidou a antigos directores e directoras, así como intenta contactar con alumnos da primeira promoción para conmemorar a efeméride o xoves 19.

Esmeralda Marra, directora do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo e antiga alumna do centro, participará na celebración cunha actuación musical a cargo de alumnos do conservatorio que tamén estudan no CEIP.

O colexio foi decorado con fotos, libros antigos e orlas para lembrar a historia do centro.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA