120 estudantes de centros educativos do Xurés coñocen o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Dende A Limia

120 estudantes dos centros educativos de Lobios, Muíños e Bande visitaron as illas Cíes a través do programa «Parqueando Galicia» da Xunta. O obxectivo é que o alumnado da contorna do Parque Natural do Xurés coñeza o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou que a iniciativa busca que a rapazada descubra a riqueza natural, cultural, paisaxística e etnográfica das illas.

Os centros participantes foron o CEIP Plurilingüe do Xurés, de Lobios; o CEIP Valle Inclán, de Muíños; e o CEIP Xaquín Lorenzo Fernández Xocas, de Bande. A Consellería de Medio Ambiente ocupouse do traslado e organización das actividades nas Cíes. O próximo curso, a actividade ofrecerase a centros doutros parques naturais.

Ademais, Ángeles Vázquez asistiu á quinta Xornada de convivencia de persoal dos parques naturais galegos, que este ano se celebrou nas Illas Atlánticas. O obxectivo é favorecer o intercambio de experiencias entre os axentes ambientais. Coñeceron os traballos do proxecto Life Insular para a conservación de hábitats insulares.

A conselleira lembrou o plan de acción integral da Xunta para a rede galega de parques naturais, cun investimento de 18,5 millóns de euros para a súa preservación e mellora.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA