Categoría: Dende A Limia

Dende A Limia

A Deputación de Ourense leva ao Museo Galego do Entroido unha exposición sobre as cornamusas primitivas e a súa pegada na historia da civilización

A mostra, procedente do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas, está aberta especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, e reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta

Dende A Limia

Manuel Pardo incide na prevención do consumo de alcohol e de bebidas enerxéticas nos centros escolares da provincia de Ourense

O programa de prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas ‘Apuntámonos a non beber’ xa se desenvolveu no CPR Padre Feijóo Zorelle e CPR Santa Teresa de Jesús de Ourense; no IES Cosme López Rodríguez da Rúa; no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia; no IES de Allariz; no CPR Divina Pastora do Barco de Valdeorras; no CPR María Inmaculada de Verín e no IES O Ribeiro