O Espírito da Nadal en Os Blancos
Sen dúbida, Os Blancos respira un gran espírito navideño. Tras a proposta do Concello dun concurso de decoración, veciñas e veciños deron rienda solta á súa creatividade e encheron cada recuncho de fermosas escenas navideñas.
Unha mostra de decoracións que chean de maxia e alegría as rúas e os fogares do municipio. Puxeron todo o seu empeño en crear escenas que nos transportan a un mundo de fantasía e nos lembran o verdadeiro espírito do Nadal. Deixaron voar a súa imaxinación e elaboraron con materiais cotiáns verdadeiras preciosidades; a maioría, con materiais naturais e reutilizados.
Árbores de Nadal, guirnaldas, figuras de Papá Noel, elfos, duendes e renos, representacións do Belén e un sen fin de adornos navideños nos que non falta o humor e a retranca adornan desde as casas ata as fincas, rúas, árbores, beirarrúas, negocios, comercios e recunchos inesperados.
Estas decoracións navideñas brillan con luz propia, creando un ambiente festivo e acolledor, reflexo do espírito navideño que se respira no municipio; un espírito de comunidade, de unión e de celebración. Lembrannos que o Nadal é unha época para compartir cos seres queridos, para gozar da compañía dos demais e para celebrar a vida.
Fonte: www.diariodolimia.gal
