Presentación da campaña «Merca no teu comercio 2026» en Ourense
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio presentaron a campaña «Merca no teu comercio 2026», unha iniciativa deseñada para estimular o consumo e poñer en valor o comercio de proximidade. O acto contou coa presenza de Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, e de Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense.
O obxectivo principal é reactivar a demanda, especialmente nos municipios rurais e nos barrios que carecen de asociación comercial. Entre as localidades beneficiadas na provincia de Ourense destacan:
- O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, O Castro de Caldelas e Maceda.
Detalles da iniciativa
A acción desenvolverase nas catro provincias galegas entre os meses de maio e outubro. O formato consiste en 10 campañas de 15 días de duración en cada provincia, buscando a innovación do sector e a remuda xeracional dos negocios locais.
Mecánica e premios
Para participar, as persoas consumidoras deben rexistrar as súas compras na web www.mercanoteucomercio.com. Se o propio comerciante rexistra a compra na plataforma, a participación do cliente duplícase, aumentando as posibilidades de gañar.
En cada campaña sortearán 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser canxeadas obrigatoriamente nos establecementos comerciais da localidade correspondente.
Primeira acción en Ourense
A primeira campaña da provincia terá lugar no barrio do Couto (Ourense) do 1 ao 15 de maio. O sorteo das tarxetas realízase o 18 de maio e a entrega de premios farase ao final dese mes.
Fonte: www.dendealimia.com
