O A.B.Xinzo Senior afianza as súas opcións de ascender tras unha vitoria en Arteixo
O equipo senior do A.B.Xinzo acadou unha vitoria clave onte en Arteixo, un resultado que os achega significativamente á clasificación para a Final Four e á loita polo ascenso á categoría superior.
Tras este triunfo, o A.B.Xinzo sitúase na cuarta posición da táboa clasificatoria, con cinco xornadas aínda por disputar. Os xogadores da Limia manteñen intacto o seu obxectivo e prometen loitar intensamente polo seu soño de ascenso.
A derrota fronte ao A.B.Xinzo supón a eliminación do Arteixo da competición.
O encontro comezou cunha actitude moi positiva por parte do equipo de Xinzo. A pesar de que houbo momentos de igualdade no marcador, os da Limia souberon manterse por diante, demostrando a confianza e a ilusión que os impulsan na súa carreira cara ao ascenso.
Malia xogar fóra da casa, o equipo contou co apoio incondicional da súa afección.
Fonte: www.dendealimia.com
