A Deputación impulsa a participación democrática no rural a través do proxecto europeo ProVote

Dende A Limia

A Deputación de Ourense impulsa o proxecto europeo «Cartografía da Participación: da desconexión rural á acción democrática», liderado por Partenalia, co obxectivo de fortalecer a implicación cidadá nos territorios rurais e mellorar a conexión entre institucións e poboación.

O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, presentou a iniciativa, á que asistiron representantes de concellos como Bande, Paderne de Allariz, Maside, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, San Cristobo de Cea, Gomesende e Verea.

O proxecto busca combater a desconexión institucional no ámbito rural, promovendo ferramentas de participación cidadá, encontros locais e dinámicas colaborativas. Preténdese trasladar as demandas da poboación ás políticas públicas a través de formación, dinamización e diálogo directo, combinando métodos dixitais e encontros presenciais.

Pérez Blecua subliñou a importancia de construír a democracia dende o rural, escoitando ás persoas e xerando espazos de participación real, reafirmando o compromiso da Deputación co equilibrio territorial e a dinamización social da provincia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA