Xinzo visibilizará a súa cultura e música popular

La Región

O Concello de Xinzo de Limia celebra a Semana Santa cunha programación centrada na posta en valor das raíces locais. Este xoves, a vila acollerá unha xornada dedicada á cultura tradicional e popular da comarca.

A actividade estará dirixida por Artur Puga, recoñecido bailador e docente con traxectoria na recuperación do patrimonio inmaterial galego, coreógrafo e percusionista. Puga dirixe a escola itinerante Seisporoito e participou en proxectos musicais como os de Tanxugueiras ou Mondra.

A programación, organizada pola Concellería de Cultura co apoio da asociación A Pantalla, inclúe catro actos:

  • 11:30: Obradoiro de baile na Praza Carlos Casares.
  • 16:30: Exposición sobre traballos de recuperación na comarca, no salón de plenos do Concello.
  • 18:30: Obradoiro de percusión e canto nas instalacións do Museo do Entroido.
  • 21:00: Concerto dos Meninos do Pandeiro na Praza de Oriente.

A asistencia a todas as actividades é gratuíta, pero as prazas para os obradoiros son limitadas e requírense inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse escaneando o código QR dos carteis informativos ou a través dun formulario electrónico nas redes sociais do Concello.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA