Entrega dos Premios Semente en Xinzo recoñece o labor no rural da Limia
O concello de Xinzo de Limia celebrou a segunda edición dos seus Premios Semente, unha iniciativa que busca recoñecer e ensalzar a persoas e entidades destacadas no sector agrario da comarca. O evento, que tivo lugar no marco das xornadas RURALMENTE organizadas polo GDR Limia-Arnoia, estivo presidido pola conselleira de Medio Rural e contou coa presenza de alcaldes e concelleiros da Limia.
Galardoados na presente edición:
- Excelencia Innovadora: Harinas Hermanos Reyes
- Traxectoria Empresarial: Gallega de Patatas, S.L.U.
- Muller Rural: Melani Araujo García
- Compromiso Ambiental: Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde
- Produto Local do Ano: Festa da Pataca de Vilar de Barrio
- Investigación Agraria: Campus Auga Ourense (Universidade de Vigo)
- Proxecto Gastronómico: Campionato de España de Tortilla de Patacas
- Repercusión Local: GDR 10 Limia-Arnoia
- Divulgación de Valores Rurais: Campo Galego
- Xoven Emerxente: Abel Sotelo Castillo
- Premio Especial Semente: Vegalsa-Eroski
Esta entrega de premios reafirma o compromiso do concello de Xinzo co impulso e o recoñecemento do traballo que se realiza no ámbito rural da Limia, destacando a innovación, o compromiso co medio ambiente e o valor dos produtos locais.
Fonte: www.dendealimia.com
