A Deputación reafirma o compromiso coa 31ª edición da MITEU como “un dereito fundamental de acceso á Cultura”

Dende A Limia

Presentación da 31ª Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) en Ourense

O Teatro Principal da Deputación de Ourense foi o escenario hoxe da presentación oficial da 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU). Este evento consolidou Ourense e a súa provincia como un referente cultural a nivel internacional durante máis de trinta anos.

No acto estiveron presentes César Fernández, vicepresidente da Deputación; Sandra Quintas, directora territorial da Xunta de Galicia; Fernando Dacosta, director da MITEU; Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do Campus de Ourense; José Luis Troitiña, presidente do Liceo; e Olga Mojón, directora do Teatro Principal.

A 31ª MITEU dará comezo o vindeiro 23 de abril coa Mostra Interactiva de Danzas do Mundo e rematará o 8 de maio coa clausura a cargo de Maricastaña, o grupo de teatro da Aula de Ourense.

César Fernández definiu esta edición como a da madurez e recalcou o compromiso da Deputación, que vai máis alá do patrocinio, considerándoo un apoio fundamental para garantir o acceso á cultura como un dereito. Destacou a importancia da colaboración entre as institucións para lograr un programa tan ambicioso.

Fernando Dacosta, director da mostra, expresou a súa emoción por alcanzar as 31 edicións e agradeceu especialmente o apoio da Deputación e do Liceo pola cesión dos espazos.

A organización confirmou a participación de grupos de Palestina, Perú e Portugal, cun programa que incluirá 20 espectáculos de teatro e danza, cun total de 233 participantes (actores, directores e técnicos), ademais doutras actividades paralelas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA