​O sector da pataca xera un de cada catro euros de facturación de toda a comarca da Limia

Dende A Limia

A pataca, motor económico da Limia: estudo da USC revela un crecemento do 70,3% en facturación

O Concello de Xinzo de Limia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentarán o vindeiro 27 de marzo os resultados dun estudo integral sobre o sector da pataca na comarca da Limia. Os primeiros datos económicos desvelados poñen de manifesto a importancia deste cultivo como principal motor económico do territorio.

A industria e as explotacións vinculadas ao sector da pataca xeran o 22,7% de todos os ingresos por facturación na comarca, acadando un volume de 65,6 millóns de euros no último exercicio analizado.lonxe de estancarse, o sector experimentou un crecemento do 70,3% na súa facturación nos últimos cinco anos, pasando de 38,5 millóns de euros en 2018 a 65,6 millóns na actualidade.

Este dinamismo sitúa á Limia como líder no agro galego e un punto estratéxico para a fixación de riqueza. A facturación por empresa neste sector é dez veces superior á media doutros sectores produtivos locais. Ademais, os beneficios netos aumentaron un 113,7% na última década, duplicando a marxe no devandito período.

O estudo, dirixido polo profesor Francisco Jesús Ferreiro Seoane, tamén abordará cuestións como o emprego, o futuro do regadío e a innovación e transformación industrial do sector da pataca na comarca.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA