Ruralmente chega a Piñeira Seca cun programa centrado na valorización da pataca de Galicia e do rural e a entrega dos Premios Semente

Dende A Limia

O GDR Limia-Arnoia organiza as xornadas «Ruralmente. Pataca de Galicia» en Piñeira Seca, co obxectivo de potenciar a IXP Pataca de Galicia e dinamizar o territorio.

O evento, que se desenvolverá en tres días, reunirá a expertos, investigadores, produtores e entidades relacionadas co ámbito rural para debater sobre o valor dos produtos de calidade e os desafíos do sector agroalimentario na Limia.

Programa detallado:

Mércores 25 de marzo:

  • Apertura do espazo e sesión sobre alimentación saudable e de proximidade.
  • Relatorio «A transformación da pataca».
  • Visita á empresa Patatas Guays.
  • Inauguración dunha exposición fotográfica.
  • Visita á aldea de Piñeira Seca.

Xoves 26 de marzo:

  • Xornada de encontro para produtores da IXP Pataca de Galicia da Limia.
  • Apertura institucional do evento e intervencións de grupos de desenvolvemento rural.
  • Homenaxe a Pepe da Droguería.
  • Actuacións musicais: Agrupación Musical de Xinzo de Limia, Xoucukin (Iván Méndez e Gerson Iglesias), e grupo ELO.

Venres 27 de marzo:

  • Actividades abertas á poboación.
  • Análise do territorio da Limia desde diferentes perspectivas.
  • Relatorios sobre arquitectura tradicional galega, transformación da paisaxe e economía pataqueira da Limia.
  • Entrega dos Premios Semente, que recoñecen o labor no sector agroalimentario.
  • Peche coas actuacións de Xoucukin (Iván Méndez e Gerson Iglesias) e concerto final do Cuarteto Caramuxo.

Inscrición:

Algúns eventos teñen aforo limitado, polo que se recomenda inscrición previa nos seguintes enlaces:

Sobre o proxecto Ruralmente:

Ruralmente é unha iniciativa impulsada polo GDR Limia-Arnoia, GDR Galicia Suroeste Eurural e a Asociación para o Desenvolvemento Integral do Valle de Ambroz. Cun orzamento de 207.241,56 euros, está financiado polas axudas para actividades de intercambio de coñecemento e formación do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciado pola Unión Europea. O proxecto busca fomentar o intercambio de experiencias, impulsar a innovación rural e reforzar o papel dos produtos agroalimentarios como motores de desenvolvemento.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA