Poemas coloridos en homenaxa a Rosalia de Castro cos cativos do PAI de Sandiás

Dende A Limia

O Local Social do Concello de Sandiás acolleu o 18 de marzo unha xornada de celebración do Día da Poesía, organizada pola Furgoteca. Reme Cid, coordinadora da Furgoteca na zona Sur da Provincia de Ourense, dirixiu a actividade, adaptándoa aos máis pequenos do concello e aos seus educadores. O principal obxectivo foi achegar a lírica de Rosalía de Castro a través da lectura e o canto.

A sesión iniciouse coa lectura e interpretación dun poema de Rosalía de Castro, extraído do libro “Cantares Miúdos” editado pola Fundación Rosalía. Posteriormente, os nenos, guiados polos seus educadores e por Reme Cid, debuxaron e pintaron imaxes inspiradas polo poema en anacos de papel.

Durante unha hora, o Local Social transformouse nun espazo creativo onde os nenos puideron expresar a súa interpretación dos versos de Rosalía a través da cor e do debuxo, nunha experiencia lúdica e entretida.

A xornada concluíu coa merenda e xogos ao aire libre no xardín, aproveitando as horas de sol da tarde.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA