Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa

La Región

Obradoiro de poesía na Furgoteca de Sandiás

O pasado 18 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Local Social do Concello de Sandiás acolleu un obradoiro lúdico de poesía organizado pola Furgoteca. A iniciativa, dirixida aos máis novos, tivo como obxectivo ensinar a xogar coas palabras e gozar dos versos.

A actividade estivo presentada por Reme Cid e contou coa guía de Rochi Nóvoa. Preto de 20 alumnos do CEIP de Sandiás participaron nun circuíto de «estacións poéticas» deseñado para fomentar a creatividade e afastar a «lectura pasiva», permitindo que cada participante «habite os versos e xogue con eles».

Baixo a premisa de que a poesía «percórrese», Rochi Nóvoa presentou o seu libro «Versos e Lúas» cunha experiencia participativa e lúdica. Os nenos adentráronse na creación poética a través de diversas actividades como poemas con obxectos, rimas lóstrego, haikus xaponeses, poesía sonora e poemas de cores, culminando coa creación do seu propio poema no centro educativo.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA