Incendio forestal activo en Muíños, Ourense
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Muíños, na parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume, que se iniciou ás 07:23 horas de hoxe, afecta provisionalmente unha superficie de arredor de 4 hectáreas.
Na súa extinción traballan xa 1 técnico, 5 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.
Fonte: www.dendealimia.com
