Deputación de Ourense aproba unha modificación de crédito de máis de 27,8 millóns de euros
A Deputación de Ourense presentará na comisión informativa especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos, convocada para o mércores, un expediente de modificación de crédito por un importe superior a 27,8 millóns de euros. Esta é a primeira modificación do ano e reforza as actividades ordinarias das distintas áreas e servizos da Deputación, así como actuacións en infraestruturas viarias, medio ambiente, programas sociais, cultura, deporte, e promoción turística e económica.
A proposta inclúe tamén recursos para colaboración con outras administracións, como convenios coa Xunta de Galicia, programas para o sector agrogandeiro e o plan de rehabilitación de vivenda.
O expediente divídese en suplementos de crédito (19,1 M€) e créditos extraordinarios (máis de 8,7 M€), financiados con cargo ao remanente de tesourería do pasado exercicio.
Detalle das principais actuacións:
- Infraestruturas: Máis de 5 M€ para a mellora da rede viaria, sumando un total de 9,5 M€ de investimento en vías provinciais.
- Medio Ambiente: 7,5 M€ para recollida de lixo, melloras de instalacións e reposición de frota.
- Benestar: 1,3 M€ para programas sociais en colaboración con concellos.
- Cultura e Deporte: 1,6 M€ para actividades culturais, recreativas e fomento do deporte, incluíndo un plan provincial de lectura (350.000 €) e axudas a técnicos deportivos (20.000 €).
- Emerxencias: Máis de 2,2 M€ destinados ao Consorcio provincial contra Incendios e de Salvamento (CIS), GES e Protección Civil.
- Inorde: 450.000 € para dinamización turística, cofinanciamento de proxectos europeos e accións vinculadas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino.
Outras partidas destacadas:
- Museo Galego do Entroido: 50.000 € para a apertura provisional.
- Convenio coa Xunta de Galicia para o remate do Parque Acuático de Monterrei: 2,4 M€.
- Convenio coa Xunta de Galicia para a mellora das prazas de abastos: 440.000 €.
- Axudas para agricultores e gandeiros: 350.000 €.
- Plan de rehabilitación de vivenda: 1,2 M€.
- Cofinanciamento dos Plans de Actuación Integrados (PAI): Ourense Sur (1,5 M€) e Valdeorras (500.000 €).
- Colaboración coa UNED (200.500 €) e coa Universidade de Vigo (59.000 €).
- Programa de Fomento do Emprego, EmprendOU: 150.000 €.
- Achega á sociedade Meisa (Estación de Montaña de Manzaneda): 493.725 €.
A Deputación presentará unha segunda modificación de crédito no pleno de abril, centrada exclusivamente na cooperación cos concellos e entidades.
Fonte: www.dendealimia.com
