​Ourensividad renova a súa directiva e anuncia novas actividades para este ano

Dende A Limia

A entidade Ourensividad celebrou a súa Asemblea de Socios, na que se aprobou a renovación da súa xunta directiva e se presentaron as novas liñas de traballo para o presente ano. Na nova etapa, Cristina Margusino Framiñán asume a presidencia. Como vicepresidentes foron nomeados Cristina Conde e Pablo García Vivanco, mentres que a secretaría estará a cargo de José Juan Pérez Ramos.

Acordouse tamén a creación de varias vogalías para impulsar distintas áreas de actividade, entre as que se atopan unha de investigación, outra centrada na alimentación de proximidade e a promoción da vida saudable, unha relacionada co termalismo e benestar, e unha vogalía de promoción da saúde no ámbito rural.

Estas iniciativas contarán coa colaboración de entidades como FEMURO, a Asociación Auria e a Escola Rural de Saúde da Limia. Coa presente renovación, Ourensividad busca reforzar a súa actividade e promover novas iniciativas ao longo do ano.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA