Os CIM móbiles da Xunta visitaran os concellos de Os Blancos, Baltar e Trasmiras

Dende A Limia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe Nogueira de Ramuín para supervisar o funcionamento dun dos catro Centros de Información á Muller (CIM) móbiles. Estes centros, impulsados pola Consellería de Política Social e Igualdade cunha inversión de 1,6 millóns de euros, teñen como obxectivo reforzar a sensibilización en materia de xénero e igualdade nas zonas rurais e nos campus universitarios galegos.

Os CIM móbiles iniciaron a súa actividade o pasado 9 de febreiro na provincia de Ourense, desprazándose a concellos sen recursos similares para concienciar á poboación na loita contra as desigualdades e a violencia de xénero. En febreiro, visitaron Melón, Rubiá, Castrelo de Miño e Xunqueira de Ambía. En marzo, ademais de Nogueira de Ramuín, teñen previsto chegar a Baltar, Baños de Molgas, A Bola, Larouco, Os Blancos, Chandrexa de Queixa, Taboadela, Paderne de Allariz, Boborás, Trasmiras, Parada de Sil, Castro Caldelas, Castrelo de Miño e A Teixeira.

Estes servizos itinerantes contan con persoal profesional e especializado, incluíndo unha psicóloga e unha traballadora social. O seu propósito é proporcionar información á cidadanía para que sexa un axente activo na prevención e detección da violencia de xénero, abordando tamén temas como o machismo e os roles de xénero.

Manuel Pardo destacou o compromiso da Xunta na prevención da violencia machista e na promoción dunha sociedade máis igualitaria, subliñando a importancia destes recursos móbil para chegar a aqueles lugares onde é máis necesario ofrecer estes servizos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA