O proxecto Tecendo Redes. Coidando-NÓS, desenvolvido polo CDR O Viso, conclúe o seu primeiro ano de andaina cun balance moi positivo que reafirma a vitalidade das aldeas e a súa necesidade de recursos e apoio. A iniciativa demostrou que a presenza, a escoita e o traballo comunitario poden xerar transformacións significativas nun contexto de despoboamento e avellentamento.
Datos clave do primeiro ano:
- Alcance: Máis de 400 persoas, individual e colectivamente, en 42 núcleos de poboación.
- Ampliación: O alcance do proxecto superou en 250% a previsión inicial (75%), o que evidencia unha forte demanda de acompañamento social no rural.
Actividades e logros principais:
- Dinamización social e comunitaria: Realizáronse talleres de memoria, dinámicas de grupo e posta en valor do territorio, incluíndo andainas para recuperar camiños e historias.
- Saúde e benestar: Organización de charlas sobre autocoidado e saúde, en colaboración con entidades como a Asociación Auria e a Cruz Vermella.
- Acompañamento: Apoio en trámites administrativos e citas médicas para persoas sen medios de transporte ou apoio social, garantindo dereitos básicos.
- Lucha contra a soidade: Creouse un espazo de encontro que permitiu paliar a soidade non desexada e fomentar unha rede informal de coidados entre veciños e veciñas.
- Reacticación de espazos: Recuperouse a vida social nos locais sociais das aldeas, devolvéndolles o seu papel como centros de encontro e convivencia.
Próximos pasos:
Iníciase a segunda fase do proxecto co obxectivo de chegar a máis aldeas da Limia, crear novos puntos de atención e expandir a acción do CDR O Viso a concellos máis afastados. Xa se iniciaron reunións cos concellos de Baltar e Vilar de Santos para achegar servizos de proximidade.
O proxecto, financiado por Fundación «la Caixa», subliña a importancia da xustiza social na defensa do rural, apostando por un futuro digno e vivo para as aldeas.
Fonte: www.dendealimia.com
