O Concello de Xinzo de Limia, a través dun comunicado do seu alcalde, Amador Díaz Penín, manifesta o seu apoio ás reivindicacións dos agricultores e gandeiros. Co obxectivo de facilitar a participación cidadá na mobilización convocada en Madrid o vindeiro 11 de febreiro fronte ao Ministerio de Agricultura, o Concello organizará un servizo de autobús gratuíto.
Todos os veciños e veciñas que desexen sumarse a esta expedición e apoiar a lectura dun manifesto conxunto poderán inscribirse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 698 197 398 (Xefatura da Policía Local). Na mensaxe deberán figurar obrigatoriamente o nome e apelidos, o enderezo e o teléfono de contacto.
O Concello anima a toda a veciñanza a acompañar ao sector primario nesta xornada reivindicativa en defensa do seu futuro.
Fonte: www.dendealimia.com
