​O Concello de Xinzo estrea un novo «Punto Selfie» fronte ao mural da Pantalla para potenciar a súa difusión turística nas redes

Dende A Limia

A Concellería de Cultura e Turismo de Xinzo de Limia instalou un novo «Punto Selfie» na Rúa Dous de Maio, fronte ao mural dedicado á Pantalla e ao Museo Galego do Entroido (MUGAE).

Este elemento urbano, deseñado para facilitar a toma de fotografías, indica o encadre idóneo para captar a obra artística na súa totalidade.

A iniciativa busca dinamizar o turismo, poñer en valor espazos singulares e fomentar a proxección da imaxe de Xinzo e do seu Entroido a través das redes sociais.

Ademais, o punto selfie incorpora dous códigos QR:

  • Un deles ofrece explicacións sobre o significado, simboloxía e proceso de elaboración do mural.
  • O outro permite acceder directamente a contidos sobre os recursos turísticos do Concello de Xinzo de Limia.

O Goberno local coa esta acción quere enriquecer a experiencia dos visitantes, poñer en valor o patrimonio cultural contemporáneo e reforzar o posicionamento de Xinzo como destino turístico.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA