Xunta de Galicia impulsa a calidade de vida en áreas rurais de Ourense
Os Blancos, Ourense. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, supervisou hoxe o remate das obras de mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio do concello. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu máis de 28.000 euros nesta actuación.
Pardo destacou que a orde de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público do 2025 destinou máis de 900.000 euros a 28 actuacións en 24 concellos e catro agrupacións da provincia. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais, favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio territorial.
Esta convocatoria, que contou cun orzamento total de 3,5 millóns de euros en Galicia, está dirixida a municipios de menos de 30.000 habitantes, ben individualmente ou agrupados. As actuacións subvencionables inclúen a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios e instalacións municipais, así como obras en alumeado público, pavimentación de camiños e melloras en prazas, parques, paseos e rúas.
O Goberno galego financia ata o 80% do orzamento das obras, cun límite de 40.000 euros para solicitudes individuais e 50.000 euros para as conxuntas ou de concellos fusionados.
Concellos beneficiados na provincia de Ourense:
- Agrupación Allariz – Vilar de Santos
- A Arnoia
- Beade
- Beariz
- Castrelo do Val
- Entrimo
- Laza
- Lobios
- Agrupación dos concellos de Maside e Maceda
- Maside (en solicitude individual)
- Agrupación dos concellos de Montederramo e Maceda
- Monterrei
- Muíños
- Nogueira de Ramuín
- Oímbra
- Parada de Sil
- O Pereiro de Aguiar
- A Peroxa
- Porqueira
- Agrupación dos concellos de Ribadavia e Melón
- Riós
- San Cibrao das Viñas
- San Xoán de Río
- A Veiga
- Vilamarín
- Vilariño de Conso
- Xunqueira de Ambía
Fonte: www.dendealimia.com
