Avariía dun camión desata o caos no centro de Xinzo
Unha avaría nun camión no centro de Xinzo, preto da praza Maior, provocou un importante colapso de tráfico esta tarde-noite, chegando a afectar á saída da autovía A-52.
Os vehículos pesados que se dirixían a Madrid víronse impedidos de saír da autovía cara á N-525.
A Policía Local e a Garda Civil traballaron na resolución do incidente mentres agardaban a chegada dunha grúa desde Ourense, cuxa chegada se prevía superior a unha hora.
Dada a dificultade e a demora, solicitouse colaboración, que foi ofrecida por un grupo de tractoristas que se atopaban na autovía. Un dos tractores achegouse rapidamente e remolcou o camión avariado, permitindo así desatascar a situación no centro de Xinzo.
A situación resultou paradoxal, xa que un tractor, que momentos antes podería estar a dificultar o tránsito na A-52, foi o que finalmente solucionou o problema do tráfico na localidade.
Fonte: www.dendealimia.com
