​As brigadas de Vías e Obras da Deputación atenderon nos últimos días preto de 300 incidencias na rede viaria provincial como consecuencias da continuas choivas

Dende A Limia

As brigadas do servizo de Vías e Obras da Deputación de Ourense atenderon preto de 300 incidencias na rede viaria provincial dende o pasado 26 de xaneiro, debido ás intensas precipitacións rexistradas que orixinaron unha alerta climatolóxica.

Estas intervencións inclúen derrubes de noiros, pedras na calzada, atrancos en sistemas de drenaxe, caída de árbores e ramas. Tamén se traballa na sinalización de fochancas, afundimentos do firme, limpeza de arrastres de terra, colapso de muros, asolagamento de tramos, caídas de postes de servizos e auxilio a condutores.

Un punto crítico é a estrada OU-0504, entre A Casilla e Barra de Miño, onde o tráfico está desviado nun carril por risco de derrubamento do firme. Tamén se vixían vías próximas aos ríos Támega, Limia, Arnoia e Avia ante a posibilidade de aumento do caudal.

Un total de 60 persoas, organizadas en 16 brigadas distribuídas por toda a provincia (O Carballiño, Celanova, Ourense, Allariz-Maceda, Trives, Parada de Sil, Valdeorras, Viana-A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Bande), están dedicadas á resolución destas incidencias. Ademais, seis vixiantes e tres encargados percorren as zonas, e seis equipos de retén están dispoñibles para emerxencias.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA