Xinzo de Limia reafirmou o seu liderado no sector da pataca na gala dos Premios Nacionales de la Patata, celebrada en Medina del Campo o xoves 22 de xaneiro.
A pataca limiá acadou un dos galardóns máis destacados co premio á Mellor Produtora do Ano, que recaeu na produtora local Ana Belén Martínez. Este recoñecemento, que xa obtivo unha muller de Xinzo o ano anterior, foi entregado por Francisco Paz, empresario do sector e veciño de Xinzo.
O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, tamén tivo unha participación relevante na gala, encargándose de entregar o premio ao país convidado desta edición, Portugal. A representación institucional e cultural de Xinzo completouse coa presenza do concelleiro Carlos Gómez e a actuación da Banda de Gaitas de Xinzo, que amenizou o evento.
A gala congregou aos principais actores do sector patateiro a nivel nacional.
Fonte: www.dendealimia.com
