As medidas de seguridade para as festas do Entroido mantéñense sen cambios, coa única excepción da ausencia do camión de AXEGA.
No operativo de seguridade participarán Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. O dispositivo comezará coa chegada dos primeiros autobuses procedentes de Ourense, cuxa afluencia de visitantes, polo menos en canto a transportistas, parece manterse segundo información nas redes sociais da compañía organizadora.
Tal e como sucedeu o ano pasado, haberá controis de seguridade na estación de autobuses.
A música correrá a cargo dunha disco-móbil e charangas, que actuarán na Praza Maior e o casco vello, respectando o programa previsto.
Ademais, nas redes sociais xa se está a organizar a conta atrás para o inicio do Entroido 2026, que comezará co evento do Fareleiro.
Fonte: www.dendealimia.com
