Situación das estradas na provincia de Ourense segundo informes da Garda Civil

Dende A Limia

Alerta por Neve na Rede Viaria de Ourense

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) informou esta mañá, ás 11:10 horas, sobre a activación de diferentes niveis de alerta por condicións invernais na provincia de Ourense.

Nivel Vermello (Prohibición de paso para camións e articulados)

  • A-52: Dende o punto quilométrico 112 ata o 155. Afecta aos termos municipais da Mezquita, A Gudiña, Riós e Vilardevós.
  • N-525: Dende o punto quilométrico 115 ata o 155. Afecta aos termos municipais da Mezquita, A Gudiña, Riós e Vilardevós.

Nivel Amarelo (Precausión e posibles restriccións)

  • A-52: Dende o punto quilométrico 155 ata o 205. Afecta aos termos municipais de Verín, Monterrei, Trasmiras, Xinzo de Limia, Sandiás e Allariz.
  • A-52: No punto quilométrico 250 (Área de Servizo de Ribadavia), procederase ao embolsamento de camións e vehículos articulados debido ao Nivel Amarelo na Cañiza (Pontevedra).
  • N-525: Dende o punto quilométrico 155 ata o 210. Afecta aos termos municipais de Verín, Monterrei, Trasmiras, Xinzo de Limia, Sandiás e Allariz.
  • OU-536: Dende o punto quilométrico 24 ata o 33 e dende o 58 ata o 61. Afecta aos termos municipais de Xunqueira, Maceda, Montederramo e San Xoán de Río.
  • OU-533: Dende o punto quilométrico 0 ata o 34. Afecta aos termos municipais da Gudiña, Viana e O Bolo.

Xa se atopa operativa a maquinaria de vialidade invernal.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA