A Concellaría de Cultura e Turismo de Xinzo de Limia convoca a segunda edición do Concurso de Fotografía do Entroido, baixo o lema “Tradición, Respecto e Sentimento”. O obxectivo é que as instantáneas recollan a esencia destes tres valores da vila.
Cada autor poderá presentar un máximo de dúas fotografías, en cor ou en branco e negro. Queda prohibido o uso de intelixencia artificial para garantir a autenticidade das imaxes.
O xurado outorgará os seguintes premios:
- Primeiro premio: Vale de 300 euros e bono desconto de 10 euros para comercio e hostalaría local (ProLimia).
- Segundo e terceiro clasificado: Vale de 100 euros e bono desconto de 10 euros cada un.
- Tres premios especiais: 100 euros cada un por parte de diversas entidades.
Ademais, os seis premiados recibirán un lote de produtos de Aceites Abril e unha impresión en gran formato (50×70) da súa obra (cortesía de Carlin Xinzo).
As inscricións realízanse enviando as fotografías (arquivos de ata 10 MB) e o formulario de inscrición ao correo electrónico [email protected].
O prazo de participación abrangue dende o venres 23 de xaneiro ata o domingo 1 de marzo.
Fonte: www.laregion.es
