I Xornada de montaxe de moscas en Sandiás

Dende A Limia

O Club de Pesca «O Peixe», do Río Limia, organiza unha xornada gratuíta de montaxe de moscas.

Data e Hora: Sábado, 17 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 horas.

Lugar: Edificio do Concello de Sandiás (local de votacións).

Actividades:

  • Demostracións de montaxe de moscas por varios expertos.
  • Exposición de canas de pesca artesanais.
  • Venda de artigos de pesca por dúas tendas especializadas.
  • Demostración de lance con cola de rata.

Ao finalizar a xornada, os asistentes serán convidados a un cocido. Para asistir á comida, é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 649675038.

O Club de Pesca «O Peixe», fundado en 2002 e con aproximadamente 80 socios, tamén se dedica á conservación do río, á xestión de cotos de pesca, á limpeza de lixo, ao desbroce de marxes, á organización de campionatos sociais e á participación en competicións oficiais a través dos seus membros federados.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA