Ana Belén Martínez gañadora do Premio a Produtora do Ano

Dende A Limia

Premios Nacionais da Pataca: Reconocemento á Innovación e Sustentabilidade na Cadea de Valor

O xurado profesional dos Premios Nacionais da Pataca vén de anunciar os gañadores da súa terceira edición. Estes galardóns recoñecen a oito historias, persoas, iniciativas e proxectos que están a transformar a cadea de valor da pataca a través da innovación, a sustentabilidade e o compromiso social.

O certame, organizado pola Revista Campo, consolídase como unha plataforma clave para visibilizar a relevancia deste cultivo, fundamental na agricultura e gastronomía españolas. Os premios destacan a excelencia en diversos ámbitos, dende a produción ata a innovación tecnolóxica.

Nesta edición, un xurado profesional composto por 29 membros de 8 comunidades autónomas avaliou preto de 100 candidaturas para as 8 categorías de premios.

Premio á Produtora do Ano: Ana Belén Martínez

O premio á Produtora do Ano foi outorgado a Ana Belén Martínez, de Xinzo de Limia (Ourense, Galicia). Martínez, con máis de 20 anos de experiencia no cultivo de pataca nunha zona recoñecida pola súa alta produción, é un exemplo do papel da muller e o relevo xeracional no sector.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA