​A tradicional Agrocabalgata percorrerá hoxe as rúas de Xinzo tras a visita do Pai Noel

Dende A Limia

Xinzo de Limia celebra esta Noiteboa a tradicional Agrocabalgata como parte da súa programación de Nadal. Tras a chegada do Pai Noel, unha comitiva de tractores decorados e iluminados percorrerá as rúas principais da localidade co obxectivo de manter a ilusión nesta data especial.

O percorrido comezará ás 18:00 horas dende o antigo matadoiro, na Avenida de Madrid. A comitiva seguirá o seguinte itinerario:

  • Avenida de Madrid
  • Praza Maior
  • Curros Enríquez
  • Rúa Cruceiro
  • Marcelo Macías
  • Rotonda do Pombal (onde realizarán unha volta)
  • Praza Maior
  • Dous de Maio
  • Rúa Ladeira
  • Rosalía de Castro

O remate da Agrocabalgata terá lugar no aparcadoiro de Curros Enríquez, dende onde os vehículos se dirixirán cara á rúa Rosalía de Castro.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA