O belén instalado na igrexa parroquial de Xinzo, que xa é unha tradición anual, foi ampliado este ano cunha significativa cantidade de pezas artesanais. Entre as novidades, destaca un río dunha soa peza de madeira de máis dun metro de lonxitude, no que unha noria en movemento fai circular auga.
Tódalas figuras do nacemento foron creadas por un veciño da Manga, traballador da madeira con recoñecido prestixio en Xinzo, especialmente polos seus muíños, un dos cales está tamén representado no belén. O creador prefire manter o anonimato.
Na organización e montaxe do belén tamén colaboraron activamente varias veciñas da localidade, así como o párroco, don Jaime, quen segundo testemuñas, participa activamente na distribución das luces.
Fonte: www.dendealimia.com
