​Aberto o prazo para a III Xaba-Race, a proba de obstáculos infantil que se celebrará o 26 de decembro

Dende A Limia

O Pavillón de Deportes de Xinzo será o escenario da terceira edición da Xaba-Race o vindeiro venres, 26 de decembro. Esta proba de obstáculos indoor, de carácter non competitivo, está organizada pola Concellería de Deportes en colaboración con clubs locais co obxectivo de promover a actividade física entre os nenos e nenas durante as vacacións de Nadal.

A actividade dará comezo ás 16:15 horas e estará organizada en tres quendas diferenciadas por idades: «Cativos» (ata 4 anos, que precisarán acompañamento), «Exploradores» (de 5 a 7 anos) e «Xabaríns» (de 8 a 12 anos). O principal propósito é ofrecer unha opción de lecer saudable e amena, sen elementos de competición.

A inscrición é gratuíta e os interesados poderán formalizala ata o mércores, 24 de decembro, a través do seguinte formulario en liña: https://forms.gle/zaFR3KuArEacsSdbA.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA