A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, anunciou a segunda edición do concurso #ParqueVibras, dirixido a estudantes de ESO. O concurso busca que os alumnos creen vídeos orixinais para redes sociais (Instagram, TikTok, YouTube) sobre os seis parques naturais de Galicia: Fragas do Eume, Complexo dunar de Corrubedo, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Enciña da Lastra.
Os vídeos deben estar relacionados cos valores ambientais, culturais e/ou sociais da Rede de parques naturais de Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o 19 de decembro e a data límite para enviar os vídeos é o 6 de febreiro. Os vídeos deben incluír os hashtags #ParqueVibras e #GaliciaCalidade.
Haberá un máximo de cinco premios, un por provincia e outro para o vídeo máis viral. Os finalistas anunciaranse o 27 de febreiro e os gañadores recibirán unha excursión guiada para a súa clase a un parque natural. Na primeira edición participaron 56 equipos de 26 centros educativos, con máis de 500 alumnos implicados.
Fonte: www.dendealimia.com
