Sandiás conmemora o 25N con actividades pola igualdade e contra a violencia de xénero.

Dende A Limia

Sandiás conmemora o 25N con actividades de sensibilización

O Concello de Sandiás organiza unha nova edición das Xornadas do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de sensibilizar e fomentar a igualdade.

As actividades terán lugar no Local Social Casa da Cultura de Sandiás o martes 25 de novembro de 12:30h a 14:30h e están dirixidas a todas as idades.

Programa:

  • 12:30h: Lectura pública da Declaración Institucional.
  • 12:30h – 14:30h: Photocall pola Igualdade.
  • 12:45h – 14:30h: Obradoiro de chapas para nenos e nenas.
  • 14:00h: Entrega de pulseiras como símbolo de loita contra a violencia de xénero.

Estas xornadas buscan ofrecer espazos de reflexión e aprendizaxe para construír un concello máis igualitario e libre de violencias.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA