Representación de «As vellas non deben de namorarse» en Rairiz de Veiga
A Asociación de Mulleres Rurais A Arracada organiza a representación da obra «As vellas non deben de namorarse», adaptación da comedia de Castelao, a cargo da compañía Airiños.
O evento terá lugar o 29 de novembro ás 19:30 no CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga.
Esta iniciativa homenaxea a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento e busca achegar a cultura galega ao rural limiao, promovendo a igualdade e a visibilidade das mulleres.
Airiños, o grupo de teatro amador máis antigo de Galicia, actúa por primeira vez na provincia de Ourense, presentando unha adaptación dirixida por Amantia Coello que sitúa a historia no século XXI e introduce novas perspectivas sobre xénero e orientacións sexuais.
Fonte: www.diariodolimia.gal
