Supervisadas as obras de humanización da N-525 en Xinzo de Limia
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou Xinzo para supervisar o avance das obras de humanización da N-525 ao seu paso pola vila. O alcalde, Amador Díaz, e o concelleiro de obras, Ramón Gómez, acompañárono na visita.
As obras, cun orzamento superior aos catro millóns de euros achegados polos fondos NextGenerationEU, inclúen a ampliación de beirarrúas, itinerarios peonís e ciclistas, mellora de interseccións, novas rotondas, renovación de servizos, alumeado e zonas verdes nas avenidas de Ourense e Madrid.
O Concello destaca a coordinación cos traballos para minimizar o impacto na vida da vila. A voceira socialista, Elvira Lama, cualificou a obra de «transformadora» en termos urbanísticos, de mobilidade e sostibilidade.
Fonte: www.laregion.es
