​A Deputación de Ourense renova o portal de información sobre infraestruturas e equipamentos para impulsar a colaboración cos concellos e cidadanía

Dende A Limia

A Deputación de Ourense actualiza o Sistema de Información Territorial (SITEIEL)

A área de Infraestruturas da Deputación de Ourense modernizou o SITEIEL, converténdoo na Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) da Deputación. Esta actualización mellora a xestión do territorio, a colaboración interadministrativa e a transparencia.

O novo SITEIEL facilita o acceso, consulta e xestión da información da Enquisa de Equipamentos e Infraestruturas Locais (EIEL) e outras fontes de datos, especialmente para os concellos de menos de 50.000 habitantes. A EIEL é un inventario nacional que analiza os servizos de competencia municipal.

A nova web está dispoñible en: https://eiel.depourense.es

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA