A Consellería do Medio Rural ofrecerá aos apicultores afectados polos incendios forestais, especialmente na provincia de Ourense, acceso gratuíto a parcelas do Banco de Terras.
Os apicultores interesados deberán solicitar esta axuda á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Cada solicitude será avaliada en función dos danos sufridos polas instalacións apícolas.
O obxectivo é proporcionar terreos alternativos aos queimados, garantindo a alimentación natural das abellas e a continuidade das explotacións.
Os apicultores deberán respectar a normativa vixente e comunicar os traslados ás oficinas rurais para actualizar o rexistro apícola. A Consellería e as oficinas rurais difundirán esta iniciativa entre os produtores, concellos e asociacións de apicultores.
Esta medida súmase a outras iniciativas de Medio Rural para apoiar ao sector agrogandeiro afectado polos incendios, como a subministración de alimento ao gando.
Fonte: www.dendealimia.com