O Esquecemento celebra o seu 25º aniversario en Xinzo de Limia
A Asociación Cultural Civitas Limicorum organiza a celebración do 25º aniversario do Esquecemento, os días 22, 23 e 24 de agosto, con máis de 50 actividades no Parque do Toural.
Esta edición especial conta co regreso do circo romano despois de máis de dez anos e inclúe desfiles, teatros, concertos, pasacalles e espectáculos de lume, culminando co cruce do río Lethes por Décimo Junio Bruto.
Os fondos recadados coa venda de merchandising destinaranse á reconstrucción das zonas afectadas polos incendios na provincia de Ourense, ingresándose na conta habilitada polo Concello de Cualedro.
Como medida de prevención e respecto, o desfile do venres celebrarase sen lume e o Fogo Sagrado permanecerá apagado. Reforzarase a seguridade con máis extintores e puntos de auga.
Fonte: www.laregion.es