A A.C. Civitas Limicorum destinará os fondos do merchandising da XXV Festa do Esquecemento á reconstrución das zonas afectadas polos lumes na Limia e na provincia de Ourense

Dende A Limia

Civitas Limicorum destinará a recadación da Festa do Esquecemento á reconstrución tras os incendios

A Asociación Cultural Civitas Limicorum destinará os ingresos da venda de merchandising oficial da XXV Festa do Esquecemento a apoiar a reconstrución das zonas da Limia e Ourense afectadas polos incendios forestais.

Os fondos recadados ingresaranse directamente na conta habilitada polo Concello de Cualedro.

Ademais, a organización da festa introduciu medidas de prevención adicionais en sinal de respecto ás zonas afectadas:

  • O desfile do venres á noite realizarase sen prender os fachos.
  • O Lume Sagrado permanecerá apagado durante toda a celebración.
  • Reforzouse o plan de autoprotección con máis extintores e puntos de auga.
  • A organización coordinarase coa Policía Local, Protección Civil e servizos de emerxencia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA