O sábado 9 de agosto, dende as 16:00 h, celebrarase a XV edición da Festa Popular de Baltar, centrada nas costumes, a relación transfronteiriza e a vida saudable, loitando contra o consumo de alcol. Haberá agasallo para quen dea 0,0 na proba de alcoholemia.
A música correrá a cargo das Concertina Portuguesas, As Xeitosiñas e a Escola de música do Concello de Baltar. Destacarán os xogos populares (máis de 20) e a exposición do Concurso Medioambiental de concienciación e prevención de incendios.
Debido á escaseza de auga no río, os xogos acuáticos trasladaranse a unha zona próxima. Contarase coa presenza de representantes da Cámara de Montealegre, reforzando o hermanamento entre ambos concellos.
Entre os xogos haberá brisca, tute, xogo da rá, futbolín, vintos, carreiras de sacos, ping pong, xogo da porca, xadrez, damas e tiro da corda. Tamén haberá unha exhibición de parapente e paramotor na serra do Larouco.
O Concello informa de que hai preto de 600 persoas anotadas para a merenda, polo que poderían pechar o aforo pronto.
Fonte: www.dendealimia.com