3750 € roubados en gasoil a camións de Xinzo e Verín por un veciño de Monterrei

Dende A Limia

Detido por roubo de gasoil en Xinzo e Verín

A Garda Civil de Celanova, coa Policía Local de Xinzo, detivo a un home de 49 anos de Monterrei por presuntamente roubar gasoil en camións estacionados en Xinzo de Limia (5 roubos) e Verín (2 roubos) no mes de xuño.

Ademais, investigouse a unha muller de Cenlle, de 52 anos, pola súa presunta implicación nun dos roubos.

O total subtraído ascende a 3750 litros de gasoil, causando danos valorados en 7000 euros.

O detido xa foi posto a disposición xudicial no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA