Novas aventuras na 2ª entrega do mes de xullo no campamento Concilia 2025 en Sandiás.

Dende A Limia

Sandiás celebra o campamento «Concilia 2025» para facilitar a conciliación familiar

O Concello de Sandiás puxo en marcha unha nova edición do campamento «Concilia 2025» dende o 24 de xuño ata o 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 (con posibilidade de ampliar de 8:00 a 14:30). As actividades desenvólvense no Polideportivo Campo S. Nicolás e no CEIP de Sandiás.

O programa ofrece multitude de actividades lúdicas e culturais para nenos e mozos, fomentando a conciliación familiar, unha vida saudable e o lecer activo. As actividades inclúen xogos, torneos, obradoiros, contacontos, manualidades, música e baile, entre outras.

O campamento está xestionado por Atelier Social, que proporciona persoal cualificado e materiais didácticos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA