Xinzo en Flor celebra a súa sexta edición en 2025
O Concello de Xinzo de Limia convoca unha nova edición do certame «Xinzo en Flor» dirixido á veciñanza que decore balcóns e xardíns con flores naturais.
O obxectivo é mellorar a paisaxe urbana e fomentar o coidado do medio ambiente.
As inscricións están abertas ata o 18 de agosto e deben realizarse no Rexistro do Concello ou a través do correo electrónico [email protected].
Haberá premios en bonos para canxear en establecementos locais, tanto para a categoría de Balcóns (150€ e 100€) como para a de Xardíns (200€ e 150€).
Fonte: www.dendealimia.com