O Concello de Xinzo facilitará transporte para a manifestación na Gudiña do 2 de agosto, en defensa do tren público

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia ofrecerá un autobús gratuíto para que os seus veciños poidan asistir á manifestación convocada pola Plataforma Dereito ao Tren. A protesta, que terá lugar o sábado 2 de agosto ás 18:30 h na Gudiña, reclama a recuperación dos horarios de tren suprimidos por RENFE na estación da Gudiña – Porta de Galicia o pasado 9 de xuño.

O autobús sairá ás 16:30 h da estación de autobuses de Xinzo. É necesario inscribirse previamente nas oficinas municipais ou chamando ao 988 550 111.

O Concello de Xinzo busca así apoiar a mellora dos servizos ferroviarios na comarca.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA