A praza de abastos de Xinzo recibe 100.000€ da Deputación para a súa reforma, entre outras axudas aos concellos

Dende A Limia

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou máis de 749.000 euros en subvencións para concellos e entidades da provincia.

Destacan 480.000 euros repartidos entre dez concellos para obras, servizos e actividades, incluíndo:

  • 100.000 euros para a reforma da praza de abastos de Xinzo de Limia.
  • 40.000 euros para o GES de Laza.
  • 50.000 euros para o Conservatorio de Música do Barco de Valdeorras.
  • 48.000 euros a Castrelo de Miño para infraestruturas en Astariz.
  • 45.000 para melloras hidráulicas na Mezquita.
  • 25.000 para alumeado en Padrenda.
  • 70.000 euros para Santa Ana en Sandiás.
  • 60.000 euros para Vilamartín de Valdeorras.
  • Axudas para Bande (fachadas do pavillón e beirarrúas).
  • 20.000 euros para a Festa do Pulpo no Carballiño.

Tamén se concederon 269.000 euros a dezaseis entidades, incluíndo:

  • ATAVE (50.000€) e AICA e AJE (20.000€ cada unha) para gastos de funcionamento.
  • 30.000 euros para a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.
  • 20.000 euros para o Colexio de Farmacéuticos (Plan de apoio ás farmacias do rural).
  • 30.000 euros para o Banco de Alimentos de Ourense.
  • Axudas para deporte (golf, hóckey, atletismo, Jockey Club, Estrela Futsal, Trail Ribeira Sacra).
  • Axudas culturais para Xingros (Celanova) e O Potiños (Arenteiro).

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA