Xinzo e A Limia protestan pola redución de frecuencias de trens na Gudiña
Concelleiros de todos os partidos agás o BNG, xunto con centos de veciños, participaron nunha mesa de sinaturas en Xinzo para mostrar o seu rexeitamento á decisión de RENFE de reducir as paradas do AVE na estación Porta de Galicia, na Gudiña.
A protesta busca denunciar o impacto negativo desta medida na comarca da Limia, obrigando aos veciños a viaxar desde Ourense para ir a Madrid, aumentando custos e tempo de viaxe.
Fonte: www.dendealimia.com